Deixo a un lado o traballo de traducir durante un anaco para darvos unha boa noticia: o próximo domingo 5 de agosto, é dicir nun par de días, presentarei o meu libro Patacas e máis patacas: O misterio da Casa Grande, na Feira do Libro de Coruña. Será ás 13,00 horas na Carpa Grande. ¡Animádevos! Firmarei libros e falarei sobre... aínda non o sei, pero só teño 45 minutos así que non vos darei moito a paliza.