Xoana,
unha rapaza que vive e traballa en Coruña, ten unha vida moito sinxela e sen
complicacións. A crise dos últimos anos fixo que agora estea traballando de
axudante de cociñeira. ¡Éche o que hai! Ten soños, como tódalas rapazas, e como
tódalas rapazas ten amigos e se divirte con eles cando chegan as festas da
cidade. Fai o seu labor con profesionalidade: pelar patacas tódolos días. Un
día, mentres está no seu recuncho ó fondo do bar, case a piques de chegar ó
fondo do saco de vinte quilos, Xoana atopa un dedo. Non di nada, colle o dedo, envólveo nun pano e gárdao.
¿De
quen é o dedo? ¿Como chegou ata o saco? ¿Ocorreu un accidente o seica algo
peor? Xoana non sabe que facer. Despois de darlle voltas e reviravoltas ó
asunto decide comezar a pescudar. Unha pescuda na que se verán envoltos o seus
amigos e tamén unha parella de detectives privados, Pablo Armengol e Carme
Barbeito. Unha aventura entre a cidade e o campo, entre Coruña, Bertamiráns e
Castrigo. Unha aventura chea de personaxes moi galegos e moi actuais.
eBook
eBook
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Podedes deixar aqui os vosos comentarios, ideas e suxerencias.
Podéis dejar aquí vuestros comentarios, ideas o sugerencias.
Spazio per scrivere le vostre osservazioni e idee.