sábado, 17 de marzo de 2018

Las páginas perdidas, sinopsis

A Viola Borroni, una joven fiscal de la Fiscalía de Roma, le han encargado la investigación sobre la extraña muerte de un hombre que ha sido encontrado con la punta de una flecha medieval en el corazón. Mientras tanto el padre de Viola desaparece. ¿Los dos hechos están conectados? A principios del siglo XX el prior del convento de Mondragone –el padre Giuseppe Strickland –vende a un comerciante polaco un manuscrito del siglo XI que contiene inscripciones desconocidas y enigmáticas representaciones de figuras femeninas, de plantas y de constelaciones. Antes de entregarlo quita, sin que el comprador lo sepa, las primeras catorce páginas y las esconde en su oficina. ¿Cuál es el contenido de aquellos folios y por qué ocultarlos?
Ver libro

O enigma dos nove sepulcros, sinopse

Esta é a historia dun rapaz que entra por un sumidoiro dunha calella da Cidade Vella da Coruña e accede a un mundo de fantasía, de seres imposible, míticos, cos que vivirá unha chea de aventuras na procura da solución do Enigma dos Nove Sepulcros. Unha historia onde o protagonista, Sen Nome, deberá pasara unha serie de probas, resolver adiviñas e demais se quere acada-lo seu obxectivo.
Podedes atopar esta versión da autora en Amazon, en versión eBook e axiña tamén en papel, ámbalas dúas coas fotografías orixinais en color. Tamén está a edición en papel.
Ver libro

Patacas e máis patacas, sinopse

Xoana, unha rapaza que vive e traballa en Coruña, ten unha vida moito sinxela e sen complicacións. A crise dos últimos anos fixo que agora estea traballando de axudante de cociñeira. ¡Éche o que hai! Ten soños, como tódalas rapazas, e como tódalas rapazas ten amigos e se divirte con eles cando chegan as festas da cidade. Fai o seu labor con profesionalidade: pelar patacas tódolos días. Un día, mentres está no seu recuncho ó fondo do bar, case a piques de chegar ó fondo do saco de vinte quilos, Xoana atopa un dedo. Non di nada, colle o dedo, envólveo nun pano e gárdao.
¿De quen é o dedo? ¿Como chegou ata o saco? ¿Ocorreu un accidente o seica algo peor? Xoana non sabe que facer. Despois de darlle voltas e reviravoltas ó asunto decide comezar a pescudar. Unha pescuda na que se verán envoltos o seus amigos e tamén unha parella de detectives privados, Pablo Armengol e Carme Barbeito. Unha aventura entre a cidade e o campo, entre Coruña, Bertamiráns e Castrigo. Unha aventura chea de personaxes moi galegos e moi actuais.
eBook