domingo, 10 de enero de 2021

AS METAMORFOSES DE PROTEO de Antón Risco - RESEÑA

 

Libro estraño e difícil de ler. Non estamos acostumados ós libros sen capítolos, sen unhas verbas que nos digan onde comeza unha historia e onde acaba. AS METAMORFOSES DE PROTEO é como dar un paseo pola cidade de Ourense e le-los pensamentos das persoas que pasean polas súas rúas e as súas plazas e tamén os pensamentos dos animais que ruan pola cidade e que nos contan cousas que a meirande parte das veces os seres chamados humanos non comprendemos. Tamén falan as estatuas, como a do Padre Feijoo. O pasado e o presente de Ourense mesturánse para contar a evolución das personaxes, todos eles unidos por un fío conductor moi concreto: Don Torcuato. Porque a historia deles é a historia deste home argalleiro que dende os anos trinta ata os oitenta deixou a súa impronta en todos eles: alcalde, cacique, amante, amigo, inimigo e moitas cousas máis. A súa personalidade deixou pegada nas personaxes do libro co cal o título cobra sentido AS METAMORFOSES DE PROTEO, como un deus o tal Torcuato fai o que lle peta sen pensar en outra cousa que no seu beneficio, e no seu beneficio as personaxes da novela viven as súas vidas que, se cadra, non eran as que eles quererían ter vivido senon as que don Torcuato lles deixou vivir.