miércoles, 21 de septiembre de 2022

CONTIÑOS DA TERRA de Manuel García Barros - RESEÑA

Contiños da Terra
de Manuel García Barros, escrito alá polos anos 30 do pasado seculo, é un libro distinto dos escritos ata ese momento polos escritores e intelectuais galegos: optimista, verdadeiro, no que o protagonista é o pobo, a xente do rural, coas suas miserias e alegrías. Ademais é un dos primeiros libros no que o autor tivo que vendelo indo da aquí a alá, el mesmo, sen intermediarios. Isto non é del todo certo. A primeira edición 

tivo lugar baixo os auspicios dos estradenses de Cuba e Bos Aires (páxina 9)

Deste libro vendéronse 1.000 exemplares. O que significa que dende o comezo o libro tivo moito éxito e non solo entre a xente a quen estaba adicado, tamén entre os intelectuais e xente da cidade, e mesmo entre os fuxidos. Só por isto debería ser lido Contiños da Terra de García Barros. Pero vouvos dar máis razóns para facelo.
Coas ganancias do libro García Barros meteuse no espiñoso mundo de editar de novo o libro, pero sen axuda de ninguén, soltanto do periódico Nós que, daquela tivo mesmo problemas para saír adiante. E comezou a aventura de vende-lo libro, caseque casa por casa, do Manuel: ás veces pagábanlle os libros, outras tentábano enlear, na vila vendeu bastantes e como di el

I ó resto tratei de buscarlle saída polas vilas da beira ou por onde cadrase (páxina 13)

Primeira razón para lelo: o escritor tivo que suar indo de aquí para alá vendendo o libro, coma tantos escritores actuais que deben traballar arreo e sós para tentar que alguén os lea. Non vos arrendades, García Barros atopouse na mesma situación.
Segunda razón para lelo: sobre todo os que teñen máis de sesenta anos, veránse representados nas penas e pesares do tío Martiño, de Xuana de Moroza, nos días da feria, nas argalladas dos feirantes de mala lei, nas correrías dos rapaces das aldeas cando ían de romería, nas pelexas entre os rapaces dunha aldea cando os da outra tentaban face-las beiras ás rapazas locais. ¿Es os do menos de sesenta, que fan? Pois lelo tamén, para recoñece-las súas raíces, a idiosincracia galega, a vella retranca do rural, unha forma de vida que hai moito que cambiou. ¿E logo o resto? Pois a lelo tamén, porque si naciches na cidade mais algunha que outra volta fuches do que nos 60 se chamaba ir de veraneo, recoñecerás en estas personaxes algunhas persoas que quizabes tratastes.
Terceira razón para lelo: decatarse da evolución do galego dende aqueles lontanos anos ata o de agora, das palabras que temos perdido e que quizabes deberíamos recuperar (darse fregas, faltriqueira e outras máis).
Cuarta razón para lelo: porque se debe facer un esforzo para entender unha lingua galega tan lontana da que se fala hoxe e iso fai un ben moi grande o cerebro.
Quinta razón para lelo (e xa paro): porque a retranca, a auténtica retranca, se atopa neste libro dende a primeira páxina ata a última, unha retranca que seica perdeuse na xente nova e que se debería recuperar porque fai parte da nosa alma galega e non se pode falar galego e entende-lo galego se non se usa la RETRANCA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podedes deixar aqui os vosos comentarios, ideas e suxerencias.
Podéis dejar aquí vuestros comentarios, ideas o sugerencias.
Spazio per scrivere le vostre osservazioni e idee.